Post Self | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Godflesh | ||||
Publicado | 17 de novembro de 2017 | |||
Gravación | 2016 - 2017 | |||
Duración | 46:38 | |||
Xénero(s) | metal industrial, post-punk | |||
Selo(s) | Avalanche Recordings | |||
Produtor | Justin Broadrick | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Post Self é o oitavo álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 17 de novembro de 2017 a través do selo Avalanche Recordings.[1] Trátase do segundo disco do grupo dende a súa reforma en 2010. O sinxelo "Post Self" foi editado en streaming o día 31 de outubro, e un segundo tema, "Be God", apareceu tamén en streaming o 11 de novembro, seis días antes do álbum. Godflesh evitou as entrevistas tras o lanzamento de Post Self, agardanto manter parte da pureza do disco e para darlle aos oíntes unha oportunidade de dixerir a música sen interferencias.